martes, 3 de xuño de 2025

O Programa CUALE continúa no CPI Mosteiro-Meis no curso 2025-26

 

  • Que significan as siglas CUALE e en que consiste o programa?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso no que se prepa
ra ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas e do DELF da Alianza Francesa de maneira totalmente gratuíta. 

 

  • Que CUALE ofrece o CPI Mosteiro-Meis? 

No curso 2025-26 o noso centro ofertará o CUALE de preparación para as probas de certificación do nivel A2 e B1 do DELF da Alianza Francesa e da Escola de Idiomas. 

 

  • Vantaxes do CUALE

  1. A matrícula no programa CUALE é totalmente gratuíta, e as clases son impartidas por profesorado con experiencia na preparación deste tipo de probas.

  2. O alumnado participante no programa CUALE non ten que pagar as taxas de inscrición nin de matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Si ten que pagar as taxas de exame do DELF (aproximadamente 80 euros para A2 e 100 euros para B1, no mes de febreiro). 

  3. O alumnado participante no programa CUALE ten a mesma consideración que o alumnado oficial da EOI, polo que dispón das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas de certificación. Se o alumno/a non superase algunha das partes da proba na primeira convocatoria só tería que acudir á extraordinaria con aquelas partes pendentes de superar.

  4. O alumno/a que asista ás clases do programa CUALE practicará e mellorará de maneira considerable a súa expresión e comprensión oral na lingua francesa, practicando con materiais reais, simulando situacións comunicativas reais e afacéndose a escoitar diferentes acentos en lingua inglesa.


  • Que condicións se teñen que cumprir para inscribirse?

Acudir a clase, participar activamente e realizar os exercicios semanais na casa. 

  • Os grupos son reducidos?

Os grupos CUALE deben ter entre un mínimo de 5 e un máximo de 20 alumnos.

  • Se non se superan as probas de certificación, obtense algún título polo programa CUALE?

Para avaliar a preparación do alumnado, antes da asistencia ás probas da EOI faranse unhas probas que poderán supor a expedición dun Certificado de aproveitamento, que non equivale á certificación do nivel, e que se refire só á participación non programa durante o curso escolar. O noso centro non está autorizado á expedición de títulos de certificación.

  • Onde podo ler a normativa referente ao programa?

A convocatoria do programa é anual e concerne ao centro. A normativa xeral está na Orde do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio).



mércores, 29 de abril de 2020

Actividades de Educación física de 1º ESO durante o confinamento


martes, 7 de abril de 2020

Conmemoracion do Día do Deporte

Aproveitamos o Día Internacional do Deporte e a Actividade Física, para amosar que o deporte é moito máis que ximnasia

domingo, 16 de xuño de 2019

Excursión a Santiago de Compostela

 

 Como remate ao proxecto de historia que o alumnado de 4º de Primaria estivo traballando neste último trimestre, o venres 14 de xuño visitamos a fermosa cidade de Santiago. Recorrimos a súas históricas rúas e prazas axudados por audioguías e mapas sen perdernos! Quedamos abraiados coa fachada do Obradoiro, puidemos abrazar ao Apóstolo Santiago e encantounos o Pórtico da Gloria, a gran xoia do románico recién restaurado.
 



xoves, 30 de maio de 2019

Os pesos das mochilas

  Despois da gran experiencia que foi asistir a Galiciencia co proxecto sobre o peso das mochilas, faltábanos compartir os datos cos nosos compañeiros e compañeiras. Estes días o alumnado de 4º de Primaria está a facer pequenas demostracións de como colocar a mochila, que peso podemos levar, que problemas corporales poderíamos ter no futuro...

sábado, 11 de maio de 2019

Viaxamos á Prehistoria dende Campo Lameiro

  O alumnado de 1º,2º e 4º de Primaria visitou o Parque Rupestre de Campo Lameiro para iniciar os  proxectos sobre a Prehistoria. Alí fixeron varios obradoiros de cerámica, fogo, petróglifos... e aprenderon moitas máis cousas sobre como viviron os nosos antepasados en Galicia.
Obradoiro de cerámica
Coñecendo os petróglifos

GALICIENCIA 2019

  O alumnado de 4º participou nesta edición de Galiciencia 2019 co seu proxecto "O peso das mochilas escolares". Despois de moito traballo no cole de recollida de datos, análise da información e búsqueda de solucións presentaron o proxecto xunto cos compañeiros e compañeiras de 5º de Primaria e 3º da ESO do Club de Ciencias. Parabéns para todos os nosos científicos e científicas!!!